Posts Tagged ‘amortización’

amortización

xoves, novembro 27th, 2008

Hoxe no falabarato darei algunha idea sobre os diferentes xeitos de devolverlle os cartos aos bancos mediante cotas: os sistemas de amortización.

Tamén escoitaredes o primeiro audiocorreo recibido, que amabelmente enviou Andrés Milleiro home tan polifacético que non sei ben que ligazón poñer.

A música é o longo adeus de ataque escampe que podedes baixar de balde aquí na regueifa plataforma (ainda que tamén o venden).

Como novidade subo o falangullo en dous arquivos diferentes: mp3 coma até agora e ogg (un formato libre) escollede o que vos preste ou o que vos permita o voso reproductor. (Xa vedes que o reproductor do blogue non o recoñece)

FalabaratoAmortizacins.ogg

FalabaratoAmortizacins.mp3

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google